Identificámonos co alumnado e ofrecémoslle un aprendizaxe acorde ás súas necesidades. A nosa finalidade é espertar a paixón en cada un de nós!


Somos unha escola de arte afincada en Vilanova de Arousa, nas instalacións do novo Teatro Auditorio Valle Inclán, un edificio completamente novo e con clases totalmente equipadas que nos permiten impartir as diferentes disciplinas artísticas que ofrecemos.


Ofrecemos un método de ensino que abrangue diferentes disciplinas artísticas como: artes escénicas, artes plásticas, música, baile e materias relacionadas co sector audiovisual como a fotografía. Identificámonos co alumnado e ofrecémoslle un método de aprendizaxe acorde ás súas necesidades e inquietudes, sendo @ alumn@ quen marque o seu ritmo de aprendizaxe.


Sabemos a importancia de obter unha boa técnica, pero a filosofía da escola básase en espertar a paixón en cada un de nós. As nosas clases están enfocadas a tódalas idades, fomentando a convivencia e o traballo en equipo, pois a maioría das asignaturas son grupais. No caso dos máis cativos farémoslle ver que a arte é divertida, pero fai falta práctica e constancia.


Así de ben o pasamos nas clases!
BÓTALLE UN OLLO!